Saltar ao contido

Asemblea Xeral de Colorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asemblea Xeral de Colorado
Tipoparlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo
PaísEstados Unidos de América
39°44′21″N 104°59′05″O / 39.739222222222, -104.98486111111
Na rede
https://leg.colorado.gov
editar datos en Wikidata ]
Selo de Colorado

A Asemblea Xeral de Colorado (en inglés, Colorado General Assembly) é o parlamento do estado de Colorado (Estados Unidos). Os seus poderes derívanse da constitución estatal de 1876 e ten unha estrutura bicameral, estando composto por un senado e unha cámara de representantes. O Capitolio Estatal de Colorado, en Denver, alberga a súa sede.

Retrato de Carrie C. Holly, das primeiras deputadas de Colorado e a primeira muller en conseguir a aprobación dunha lei nos Estados Unidos.

Composición

[editar | editar a fonte]

O artigo 5 da constitución de Colorado de 1876 determina que está integrada por:[1]

  • O Senado: a cámara alta conta con 35 membros escollidos cada catro anos. O Senado renóvase por partes cada dous anos. Ata 1974 o tenente gobernador de Colorado exercía a presidencia da cámara, dende entón, os senadores escollen entre eles a un para exercer a presidencia.[2]
  • A Cámara de Representantes: a cámara baixa ten 65 integrantes escollidos cada dous anos.

Os lexisladores non poden exercer o cargo durante máis de oito anos consecutivos.

A Cámara de Representantes de Colorado foi a primeira cámara parlamentaria dos Estados Unidos en contar con mulleres entre os seus deputados. As pioneiras foron Clara Cressingham, Frances S. Klock e Carrie Clyde Holly, as tres escollidas polo Partido Republicano en 1894.[3] Ademais, Carrie C. Holly foi a primeira lexisladora en propoñer e conseguir a aprobación dunha lei: foi en 1895 para fixar nos 18 anos a idade de consentimento sexual da muller.[4]

  1. Convention, Colorado Constitutional. Constitution of the State of Colorado. 
  2. "PRESIDENTS AND SPEAKERS OF THE COLORADO GENERAL ASSEMBLY". 2015-01-15. Archived from the original on 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 2022-08-26. 
  3. "Milestones for Women in American Politics". cawp.rutgers.edu (en inglés). Consultado o 2022-08-26. 
  4. Lewis, Shanna. "Colorado Elected The Nation’s First Female Lawmakers. Here’s What One Of Them Accomplished". Colorado Public Radio (en inglés). Consultado o 2022-08-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]